Aberto o prazo para as listas de contratación na categoría de profesor de linguaxe musical para o conservatorio municipal

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa que está aberto o prazo para as listas de contratación de profesor de especialidade de linguaxe musical para o conservatorio municipal de música.

Todos e todas as que estean interesadas en presentarse poderán facelo ata o vindeiro domingo 15 de decembro entregando a documentación requerida no rexistro municipal ubicado no andar baixo da casa do concello.

As bases poden ser consultadas na páxina web do concello na pestaña “oferta de emprego público” https://ponteareas.gal/oferta-emprego-publico/