Aberto o prazo para as listas de contratación de profesor de piano e violín

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa que está aberto o prazo para as listas de contratación de profesor de especialidade de piano e de violín.

Todos e todas as que estean interesados en presentarse poderán facelo ata o vindeiro xoves 28 de marzo entregando a documentación requerida no rexistro municipal ubicado no andar baixo da casa do concello.