Aberto o prazo de solicitude de matrícula para a escola infantil

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, informa que ata o 26 de abril está aberto o prazo para a solitude de praza na escola infantil para o curso 2019/2020.

Todos e todas as interesadas poderán recoller o impreso de solicitude nas instalacións da escola infantil na rúa Escritor Domínguez Benavides ou na páxina web do concello de Ponteareas na seguinte ligazón https://ponteareas.gal/escola-infantil-curso-2019-2020/