Aberto o prazo de preinscrición no Conservatorio de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas e  na Escola de Música “Vila do Corpus” de Ponteareas

O Conservatorio de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas e  a Escola de Música “Vila do Corpus” de Ponteareas teñen aberto o prazo de preinscrición para o vindeiro curso académico, tanto para cursar os estudos profesionais no Conservatorio como para os nenos e nenas maiores de catro anos que estean interesados en recibir formación musical na Escola “Vila do Corpus”. Todas as persoas interesadas poden dirixirse aos mencionados centros para facer a preinscrición ata o día 30 de maio de 2014, en horario das 15:00 ás 22:00 horas.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, anima a todas as persoas interesadas no estudo da música a que se acheguen ata o os centros mencionados, onde recibirán toda a información  e o asesoramento que precisen.