Aberto o prazo de matrícula para a proba de clasificación na Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas

Aberto o prazo de matrícula na EOI de Ponteareas

 

A matrícula para o curso 2022-2023 adiántase aos meses de xuño e xullo

 

A Escola Oficial de Idiomas de Ponteareas xa ten aberto o prazo de matrícula para a proba de clasificación para aquelas persoas que teñan xa coñecementos previos dun idioma e queiran comezar estudos oficiais presenciais. Como infoma a concellería de Ensino, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, a matrícula estará aberta ata o venres 3 de xuño e a data prevista para as probas de inglés será o 16 de xuño ás 16.00 horas e o de francés o 17 de xuño ás 16.00 h.

Por outra banda, este ano a matrícula para o curso 2022/2023 tamén se adianta aos meses de xuño e xullo. Para o alumnado que continúa os estudos no mesmo idioma a matrícula será do 20 ao 30 de xuño en caso de resultar apto na convocatoria ordinaria, ou do 1 ao 7 de xullo para o apto, non apto e non presentado na convocatoria extraordinaria.

Ademais, o alumnado de novo acceso, renuncias e novos idiomas poderán facer a preinscrición do 27 de xuño ao 10 de xullo e aquelas persoas que resulten admitidas poderán matricularse do 12 ao 20 de xullo.

Máis información na páxina web da Escola Oficial de Idiomas.