Aberto ata o 8 de novembro o prazo para solicitar as axudas dirixidas a entidades sociais

sdr

A concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera informa que dende mañá venres 25 de outubro e ata o vindeiro venres 8 de novembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas dirixidas a entidades sociais.

Estas axudas están destinadas ás entidades que desenvolvan programas para promover o benestar social da cidadanía do Concello de Ponteareas, a través de accións ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá ou igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que se realicen durante o ano 2019.

Con esta subvenció, dotada de 10.000€, darase apoio ás entidades sociais que impulsan actividades destinadas a persoas maiores, persoas con diversidade funcional, persoas con algunha adicción, etc, en xeral a inserción na sociedade de colectivos desfavorecidos e o fomento da igualdade.

Verónica Carrera informa que as bases poden consultarse na páxina web do concello de Ponteareas no apartado “axudas e subvencións” ou accedendo directamente dende esta ligazón https://ponteareas.gal/axudas-subvencions/