Aberta a preinscrición para o Verán Rural 2018

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa de que está aberto o prazo para a solicitude do Verán Rural 2018, unha alternativa de lecer para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos que facilita a conciliación familiar en tempada de verán. 

Organizado en quincenas, a concellería establece varias quendas que rotarán polas parroquias:

1ª quenda- do día 1 ao 15 de xullo en Xinzo, Moreira e Cristiñade

2ª quenda- do día 16 ao 31 de xullo en Prado, Guláns e Angoares

3ª quenda- do día 01 ao 16 de agosto en Celeiros e San Mateo

4ª quenda- do día 17 ao 31 de agosto en Santiago de Oliveira

As prazas son limitadas e desenvolveránse nas respectivas casas culturais cun custe de 27€ en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A preinscrición está xa aberta ata o vindeiro 29 de maio e todos e todas as interesadas deben porse en contacto co departamento de Ensino do concello de Ponteareas ou nas propias casas culturais das parroquias.