O concello de Ponteareas a través da concellería de Ensino informa de que xa está aberto o prazo para solicitar praza no conservatorio municipal de música tanto na Escola de Música como no conservatorio para o curso 2018/2019.
Todas as familias interesadas poden cursar a solicitude on line na seguinte ligazón ou achegarse ao conservatorio de 16 a 21 horas.
http://conservatorio.ponteareas.gal/solicitude-de-praza/
No conservatorio municipal impártense clases de instrumento, harmonía, linguaxe musical, educación auditiva e vocal, orquestra, música de cámara, conxunto, historia da música, coro e acompañamento entre outra materias.
http://conservatorio.ponteareas.gal/estudos/plano-de-estudos/
O Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” é un centro público pertencente ao Concello de Ponteareas no que se imparten Ensinos Artísticos Elementais e Profesionais de Música conducentes á obtención do Título Profesional de Música.