A veciñanza ten oportunidade de conseguir praza para cursar varios niveis de Inglés e Francés
A Concellaría de Ensino informa ás veciñas e veciños de Ponteareas que na Sección da Escola Oficial de Idiomas da vila permanece aberto o prazo extraordinario de matrícula ata mañá venres 6 de novembro.
Nestes últimos días poderanse matricular todas aquelas persoas interesadas en cursar Inglés dos niveis A1 ata o C1, e Francés nos niveis A1 e B1.
O último idioma en implementarse na EOI foi Francés, facendo así que esta extension da Escola, no IES Val do Tea de Ponteareas, poda ofrecer unha formación en linguas estranxeiras moito máis completa.
Por menos de 130 euros de taxas por curso, o ensino de idiomas nunha EOI acredita a competencia lingüística de maneira oficial, ademáis de impartir clases en grupos reducidos que garanten o cumprimento do protocolo Covid19.
A matrícula realizarase de xeito presencial na secretaría da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.