Aberta a inscrición para o VI Torneo Internacional Sub-2200 de Xadrez

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, convida a participar no VI Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas que terá lugar a fin de semana do 22 e 23 de febreiro.

Organizado polo Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas, polo club deportivo IES do Barral e por ACLUDI en colaboración coa Deputación de Pontevedra e co concello de Ponteareas, o torneo disputarase polo sistema suízo a 5 roldas e o ritmo de xogo será de 60 minutos de reflexión por xogador para toda a partida, máis un incremento de 30 segundos por xogada realizada.

Os emparellamentos serán informatizados por un programa homologado pola FIDE e a árbitra principal será Juana María Martínez Fernández, árbitra galega.

Todas e todos os que desexen participar terán que estar federadas /os na tempada vixente.

A organización agradece a colaboración do Club Deportivo IES do Barral que será o anfitirión deste quinto torneo.

A inauguración será ás 10:15 horas e o acto de clausura e entrega de premios o domingo ás 19 horas.

A data límite de inscrición será o venres 21 de febreiro ás 22.00 horas a través do mail xadrezponteareas@yahoo.es ou no teléfono: +34 627 249 951, indicando nome e apelidos, data de nacemento, ELO FIDE e FEDA, teléfono de contacto e e-mail.

No marco do torneo tamén se disputará o I Gran Premio Trofeo e Artesanía ACLUDI