Aberta a inscrición para o CAMPUS-TEA que este ano incorpora tamén servizo de aula matinal

A concellería de Ensino que dirixe en funcións Cristina Fernández informa que o prazo de preinscrición do Campus-Tea 2019 xa está aberto e remata o vindeiro xoves 6 de xuño. Este campus é unha alternativa que ofrece actividades lúdico-didácticas para facilitar a conciliación familiar na tempada de verán. 

O campus destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos terá un horario de mañá de 09:00 horas a 14:00 horas no CEIP Nosa Sra. Dos Remedios. 

Cun prezo de 35€ a concellería establece catro quendas de quince días:

Quenda 1: do 01 ao 15 de xullo

Quenda 2: do 16 ao 31 de xullo

Quenda 3: do 1 ao 15 de agosto

Quenda 4: do 16 ao 31 de agosto

Todos os interesados deberán achegarse polo departamento de ensino do concello de Ponteareas. O formulariode preincrición pode descargarse na web do concello na pestaña “bases ensino” dentro do apartado de Ensino

Aula matinal

Ademais, a concellería de Ensino, para reforzar o apoio ás familias, ofrece o servizo de aula matinal en horario de 07:30 a 09:00 horas.