Aberta a inscrición para a nova edición da andaina AndaGulans o vindeiro domingo día 31

AndaGuláns convida a toda a veciñanza a participar na V andaina de Guláns o vindeiro domingo día 31 demarzo a partir das nove da mañá.

Na presentación desta proba de regularidade por sistema individual estivo o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, que anima a toda a cidadanía a inscribirse nesta proba apta para tódolos públicos de todas as idades. A inscrición, que xa está aberta, debe realizarse na páxina https://galitiming.com

Esta actividade que pode ser practicada en familia puntuará no Open 25Km e desenvólvese cun percorrido circular con inicio e fin no centro cultural de Guláns.

Ao remate da andaina haberá unha comida de confraternidade e tódolos que queiran obter máis información deberán dirixirse á web www.gulans.com/andaina19 ou en https://25km.es