A xadrecista ponteareá Yudania Hernández acada un novo éxito

O concello de Ponteareas a través da concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, felicita á xogadora de xadrez Yudania Hérnández que ven de conseguir xunto ao seu equipo, o club deportivo Xadrez Ourense, a medalla de bronce no Campionato de España de xadrez por equipos celebrado na localidade de Linares entre o 26 de agosto e o 1 de setembro.

Este novo éxito da ponteareá Yudania Hernández como xogadora internacional de xadrez, que compaxina co seu labor como directora e profesora no club xadrez Ramiro Sabell en Ponteareas, sitúa novamente a vila de Ponteareas como un referente no eido do deporte do xadrez. Yudanía é a única muller do seu equipo.