A veciñanza pode consultar na oficina técnica do concello o documento do plan urbanístico cos recortes impostos pola Xunta de Galicia

O goberno de Ponteareas informa á veciñanza que dispoñen dun servizo de atención ao cidadán para consultar na oficina técnica municipal o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os colectivos veciñais deberán pedir cita previa no número 986 64 00 00 extensión 2022 para os días de consulta do PXOM fixados os martes e venres de 10 a 14 horas. 

Dende o goberno local explican que na páxina web tamén se pode consultar o documento do plan xeral cos recortes impostos pola Xunta de Galicia.

Nestes intres, os técnicos municipais traballan na detección de posibles erros técnicos, “que son comprensibles se temos en conta que as esixencias da administración autonómica obrigaron a realizar innumerables cambios no noso plan”.

Represas anima aos afectados a canalizar a súa problemática a través dos colectivos veciñais, aos que pedíu a súa colaboración.

Na pestaña “PXOM” da páxina web do concello poden consultar o documento do Plan Xeral coas modificacións impostas pola Xunta de Galicia, a aprobación inicial, o proceso de tramitación e outra información útil. Tamén poden acceder clikando nesta ligazón http://www.pxomponteareas.org