A veciñanza arroupa o Centro de Interpretación do Tea

O goberno de Ponteareas destaca a boa acollida que tivo entre a veciñanza  a apertura do Centro de Interpretación do Tea ubicado no centro cultural de Fozara. Ao acto inaugural foron moitos e moitas as que asistiron tanto da propia parroquia como do resto de Ponteareas así como membros do goberno e dos distitos grupos da corporación. 

Tanto no roteiro guiado por unha técnico en medio ambiente como no propio acto inaugural houbo unha alta asistencia e todos os participantes puideron desfrutar dunha xornada informativa e entretida na que coñeceron o patrimonio histórico, natural e etnográfica das beiras do Tea. 

A oficiña virtual está aberta vintecatro horas e todos os que se acheguen poden atopar a información no panel interactivo. Todos os domingos de mañá un técnico en medio ambiente ou un técnico en turismo atenderá aos visitantes.