A Unidade de Doazón de Sangue estará o venres 15 e o sábado 16 en Ponteareas

O Concello informa que a Unidade de Doazón de Sangue estará o vindeiro venres 15 e sábado 16 en Ponteareas. En horario de mañá e tarde o venres e só de mañá o sábado a unidade móbil atenderá a todas as persoas que desexen compartir saúde.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da
Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos
atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo
coas súas necesidades.

Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón
nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e
preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que
conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas
veciñas e veciños.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais
encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia
de doadores, evitando esperas.