A soprano Teresa Novoa encandilou coa excelencia da súa voz no concerto do ciclo “Tempo de Zarzuela” organizado polo Concello de Ponteareas

teresanovoaTeresa Novoa, acompañada pola Unión Musical de Valladares, clausurou o ciclo “Tempo de Zarzuela”, organizado e financiado polo Concello de Ponteareas

Os ponteareáns encheron o pasado venres, día 20 de marzo, o Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas para asistir ao concerto de clausura do ciclo “Tempo de Zarzuela”, organizado e financiado polo Concello de Ponteareas, a cargo da soprano ponteareá Teresa Novoa quen encandilou aos centos de asistentes coa excelencia da súa voz, interpretando obras moi coñecidas do xénero lírico, acompañada pola Banda “Unión Musical de Valladares”. Os asitentes, que abarrotaron o auditorio, corresponderon á soprano coa petición de varios bises nun concerto de zarzuela que ninguén quería que rematase.

O alcalde de Ponteareas, Salvador González, xunto co concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, felicitaron  e agasallaron tanto á soprano Teresa Novoa como á Unión Musical de Valladares polo maxistral concerto ofrecido, dentro do ciclo “Tempo de Zarzuela”, organizado polo concello, obtendo un gran éxito e sendo moi valorado polos veciños.

Para o Concello de Ponteareas, manifesta o edil de Cultura, Andrés Sampedro, foi un orgullo poder contar en Ponteareas cunha soprano da talla de Teresa Novoa e cunha Banda como a “Unión Musical de Valladares” neste ciclo de Zarzuela, emocionando aos asistentes coa súa marabillosa actuación.