A sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas resoará este domingo 12 coa música da Unión de Guláns

A sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas resoará este domingo 12 coa música da Unión de GulánsO concerto será ás 18.30 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo

 

A música chega a Ponteareas de novo este domingo 12 de decembro. A sala multiúsos do auditorio municipal será o escenario dun novo concerto da banda de música Unión de Guláns baixo a dirección de Alicia Porto. A actuación será ás 18.30 horas de balde, con entrada libre ata completar aforo.

 

Dende a Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba convídase a toda a veciñanza a participar nesta actividade cultural protagonizada por unha banda de música con máis de 150 anos de historia e que ten o orgullo de ser unha das bandas de música máis antigas de Galicia.

 

Na actualidade a Unión de Guláns está constituída por máis de 50 compoñentes, máis do 80% deles naturais e veciños e veciñas da parroquia de Guláns. Ademais, na súa gran maioría os e as integrantes son mozos e mozas que ademais de participar na escola da banda estudan cursos profesionais de música. A banda interpreta os máis diversos xéneros musicais, dende a música clásica a zarzuela, música lixeira, típica galega…