A rúa Rosalía de Castro conta xa con tres prazas para aparcamento de motocicletas

No marco das obras de asfaltado e renovación do saneamento da rúa Rosalía de Castro o concello de Ponteareas reservou tres prazas para aparcamento de ciclomotores e motocicletas que antes non existían nesta rúa.

O goberno adianta que se facilitarán novos aparcamentos para este tipo de vehículos nas vindeiras obras de mellora que se realizarán en distintas rúas e zonas do centro urbano.