A Praza Maior de Ponteareas acollerá as actividades co gallo do Día das Letras Galegas

Padróns-día-das-letrasO domingo, día 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Praza Maior acollerá diversas actividades de fomento do deporte, do galego e de exaltación do folclore, organizadas polo Concello de Ponteareas.

As actividades comezarán as 10:30 horas coa Marcha Ciclista Solidaria a Mondariz Balneario, organizada polo Club Ciclista Ponteareas e a Concellería de Deportes do Concello de Ponteareas.

Ás 12:00 horas, o público familiar poderá participar no Galeoke, espectáculo con música, cancións, bailes e xogos tradicionais galegos, a cargo de Xanela Ocio.

Pola tarde, ás 17:30 horas, o Grupo Folclórico e de Pandeireteiras San Salvador de Padróns será o encargado do pasacalle polas rúas de Ponteareas e actuación na Praza Maior.

O espectáculo “ Dous pallasos en máis apuros”, de “Os sete magníficos máis un” porá o broche final ao Día das Letras Galegas, ás 18:15 horas.