A ponteareá Sabela Martínez Viéitez recibe un premio do III concurso de relato e debuxo contra a violencia de xénero

A alumna de 3º da ESO do CPR A Inmaculada recibíu o premio da Subdelegación do Goberno en Pontevedra

A alumna de 3º da ESO do CPR A Inmaculada, Sabela Martínez Viéitez, recolleu hoxe no auditorio Afundación en Pontevedra o premio do III concurso de relato e debuxo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación do Goberno nesta cidade.

A Subdelegación do Goberno recoñeceu hoxe cun premio á ponteareá Sabela Martínez na categoría 1 para alumnado da ESO pero ademais entregou un premio colectivo para toda a súa clase que a arroupou durante o acto de entrega no que tamén estaba a concelleira de Ensino e tenenta de alcalde Cristina Fernández.

Cristina Fernández quixo acompañar aos mozos e mozas premiadas e agradeceu no nome de todo o goberno o traballo realizado polo centro educativo destacando o premio acadado polo grupo de 3º da ESO e de Sabela Martínez.

A tenenta de alcalde destacou tamén a importancia de traballar todos xuntos cuestións tan relevantes como a desigualdade e violencia de xénero, pondo o punto de mira na educación da infancia e da mocidade que son a sociedade do futuro.