A Policía Local imparte charlas de seguridade ao volante para nais e pais

dav

A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Vanesa Fernández, insiste na importancia da prevención e coa colaboración da Policía Local imparte charlas sobre seguridade ao volante no Centro de Saúde.

Dirixidas ás futuras nais e pais, o axente Benigno Moldes, exemplifica a través dun vídeo da Dirección Xeneral de Tráfico os erros máis comúns ao volante, as consecuencias de malos hábitos na condución, prácticas que debemos evitar e as atitudes máis temerarias pero frecuentes que non debemos adoptar.

Ademais, infórmalle da axeitada colocación dos sistemas de retención e introduce ás futuras nais na normativa vixente. 

O emprego do cinturón de seguridade nos veículos reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. Distintos estudos observacionais amosan datos significativos de que o emprego deste sistema de retención é menor en vías urbanas. Estes datos teñen un reflexo real na porcentaxe de falecidos e feridos sen cinturón que é superior en vías urbanas que en interurbanas.

O uso do cinturón de seguridade e dos SRI é obrigatorio para todos os ocupantes dun vehículo, en calquera traxecto, sexa curto ou longo e en calquera vía (urbana ou interurbana).  Protexe tanto de sair despedico do habitáculo como de impactar contra o parabrisas. 

O seu uso nos asientos traseiros é fundamental, nun impacto frontal, a probabilidade de que un ocupante dos asientos de atrás golpee mortalmente a outro pasaxeiro dos asientos dianteiros multiplícase por oito.  O airbag non é eficaz se non se complementa cunha utilización do cinturón de seguridade, xa que ambos está pensados para funcionar de xeito complementario. 

A lexislación obriga a que os menores de idade de estatura igual ou inferior a 135 cm que se despracen en vehículo, ademais de viaxar cun sistema de retención infantil axeitado á súa talla e peso como a norma esixe, deberán ir sentados obrigatoriamente nos asientos traseiros dos vehículos agás cando o coche non teña asientos traseiros ou cando todos os asientos traseiros estean xa ocupados por outros menores das mesmas características ou cando non sexa posible instalar nos asientos traseiros todos os sistemas de retención infantil (SRI); só nestes casos os menores poden ocupar o asiento dianteiro pero sempre empregando o sistema de retención homologado ao seu peso e talla.

Vanesa Fernández insiste na necesidade de ofrecer formación como unha das ferramentas de prevención máis efectivas que axuda a crear unha sociedade máis cívica.