A peonalización da fin de semana adiántase ao venres ás 15:00 a petición do sector comercial

A Federación de Comercio Banastrae a Asociación de Comerciantes TEA celebra hoxe o “Mercaserán” con diferentes actividades de ocio e promoción comercial no centro urbano.

A concellaría de Mobilidade e Tráfico lembra que, a petición do sector comercial, que hoxe celebra o evento “Mercaserán”, adiantarase ás 15:00 o peche do centro urbano das fins de semana para o desenvolvemento de diferentes actividades de animación na rúa. A concellaría de Mobilidade lembra que, tal e como está claramente sinalizado nos valos que impiden o acceso ao centro os sábados, domingos e festivos, os residentes e comerciantes están autorizados a acceder desde a rúa Concha Brey a carón do Concello. Polo tanto, a peonalización das fins de semana e deste venres 14 de tarde non impide o acceso de residentes e comerciantes á zona peonalizada, que se debe facer con precaución e a unha velocidade máxima de 20 km/h.