A pedagoga Ana Belén Fernández guíanos neste tempo de quedar na casa

A concellería de Saúde, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, quere compartir con toda a cidadanía unha serie de vídeos realizados de xeito altruista pola pedagoga Ana Belén Fernández Estévez, en colaboración con Ángel Gil Lemos, nos que ofrece consellos e pautas diarias para levar mellor o tempo de quedar na casa e favorecer unha boa convivencia. 

Ao longo destes días iranse publicando estes microvideos na páxina web do Concello.