A partir do martes día 25 e ata o día 30 estará aberto o prazo para as escolas deportivas de verán

O concello de Ponteareas informa que ao longo do martes 25 de xuño colgaránse na páxina web do concello os formularios de inscrición para as escolas deportivas de verán. As familias interesadas teñen ata o 30 de xuño para inscribirse no departamento de Deportes do concello de Ponteareas.

Un total de sete escolas deportivas abrirán as súas portas totalmente de balde para que os máis cativos e cativas desfruten dun verán saudable e cheo de deportividade.

A partir dos tres anos poderanse inscribir en patinaxe co Club Luar todos os martes de 17:30 a 18:30 horas no pavillón Álvaro Pino.

A partir dos cinco anos poderán aprender xadrez na escola municipal de Xadrez na avenida Sarmiento Rivera, 17 todos os luns e mércores de 19 a 20:30 durante o mes de xullo.

Se xa teñen seis anos poderán inscribirse en baloncesto co Club Baloncesto Condado os martes de 16 a 17 horas no pavillón Álvaro Pino.

Tamén a partir de esta idade poden practicar tenis nas pistas da Freixa co Club Tenis Ponteareas todos os mércores ás 10 horas ou wushu coa asociación deportiva Wudang cada venres ás 11 horas no mes de agosto.

A partir de oito anos o Club Bádminton Ponteareas admite alumando para a escola de verán no mes de xullo os luns de 10 a 11 horas no pavillón Álvaro Pino.

Os e as nenas ponteareás tamén poderán aprender taekwondo co Club Sport Factory os mércores e venres de 11:30 a 12:30 horas no colexio Fermín Bouza Brey.