A partir do día 15 abrirase o prazo extraordinario de matrícula para a escola infantil municipal curso 2020/21

A concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa da apertura do prazo extraordinario de solicitude de matrícula na escola infantil municipal para este curso 2020-2021. O prazo de presentación de solicitudes será dende o 15 de febreiro ao 1 de marzo, ambos os dous incluídos.

Poderán solicitar praza na Escola Infantil Municipal aqueles nenos e nenas con idade entre os 3 meses e os 3 anos; por conseguinte, os nados a partir do 1 de xaneiro de 2018.

Por ser unha escola de integración, pódese solicitar praza para nenas e nenos con discapacidade física, psíquica e sensorial.

Os impresos de solicitude estan a disposición na páxina web do Concello de Ponteareas https://ponteareas.gal e deben ser entregados, xunto coa documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello.