A OMIX organiza un curso sobre prevención de drogodependencias

A inscrición é gratuíta e terá lugar na sala de usos múltiples da Biblioteca Municipal

curso-prevención-drogasA Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ponteareas, dependente da concellería de Mocidade, Benestar Social, Igualdade que dirixe Verónica Carrera, organiza o vindeiro mes de marzo un curso sobre prevención de drogodependencias. A formación é gratuíta e terá lugar na sala de usos múltiples da Biblioteca Municipal os días 7, 9, 14 e 28 de marzo en horario de 18:00 a 21:00 horas.

O contido do curso céntrase en 4 puntos fundamentais:

 

  • Drogas e Drogodependencias. Factores de risco e protección. Definición do rol do mediador xuvenil en drogo dependencias.
  • O alcol, o tabaco, o cannabis, os psicoestimulantes. Percepción social do fenómeno das drogodependencias.
  • Técnicas e ferramentas básicas en prevención. Patróns dominantes de ocupación do tempo libre entre a xente nova e alternativas de ocio.
  • Método para a aplicación da acción preventiva. O deseño dun programa de ocio alternativo como ferramenta para a prevención do consumo de drogas.

 

O curso conta con 15 prazas e todas aquelas persoas interesadas maiores de 16 anos poden inscribirse a través do teléfono 669 566 989. Verónica Carrera lembra que, ademais, “trátase dunha formación que permitirá aos participantes contar cun certificado de asistencia avalado pola Xunta de Galicia”.