A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Mocidade que dirixe Verónica Carrera Blanco, e dentro das actividades que periódicamente organiza para os mozos e mozas de Ponteareas, vén de organizar un curso de busca de emprego, que empezara o vindeiro 23 de xuño.
Este obradoiro está destinado a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, e en xeral, para calquera persoa con ganas de mellorar a súa capacidade na busca de emprego. Este curso terá lugar na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Municipal da rúa A Perillana 9/11 os días 23 e 30 de xuño, en horario de 10.30 h. a 13.30 h.
O obxectivo desta actividade e:
- Adquirir coñecementos útiles e prácticos que axuden aos mozos e mozas na búsqueda de emprego.
- Favorecer o autocoñecemento e a análise das propias capacidades, habilidades e limitacións.
- Dominar determinadas técnicas de búsqueda de emprego, como cartas de presentación , o currículo, a entrevista persoal,…
Este curso de busca de emprego é totalmente gratuíto como habitualmente acontece coas iniciativas que se desenvolven dende a OMIX de Ponteareas, e os interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición ou mesmo solicitar máis información sobre esta actividade no teléfono 672 105 468