A Oficina Municipal de Consumo informa dos dereitos e dos deberes relacionados co alugamento

A Oficina Municipal de Consumo (OMIC) informa á cidadanía dos dereitos e dos deberes relacionados co alugamento de pisos de estudantes e recomenda ler con atención o contrato de alugueiro para comprobar se contempla algunha determinación no caso de situacións de excepción.

Aqueles e aquelas estudantes que teñan un contrato de alugueiro poden consultar coa Oficina Municipal de Consumo as súas dúbidas para ter un asesoramento máis pormenorizado nos seguintes enderezos electrónicos omic.ponteareas@xunta.gal ou antonia.yanes.sobral@ponteareas.gal

Na seguinte ligazón pode consultar o documento explicativo que ofrece a OMIC

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/04/alugueiro-pisos-estudantes.pdf