A Oficina Municipal de Consumo (OMIC) informa á cidadanía sobre os seus dereitos relacionados con contratos de decesos.
Polas circunstancias excepcionais do COVID-19, moitos falecidos non puideron ter os servizos contratados ou habituais nestes casos; coma os velorios, servizos relixiosos, vehículos de acompañamento ou decoración floral.
A OMIC informa que as reclamacións expostas polos consumidores soen ser pola devolución dos servizos contratados, abonados e non prestados, como consecuencia das medidas impostas no R. Decreto 463/2020 e tamén pola devolución do prezo que se pagou de máis, respecto do que rexía antes da declaración do estado de alarma.
A Orde do Ministerio de Sanidade SND/298/2020, ten por obxecto establecer medidas excepcionais aos servizos de velorio e relixiosos co fin de evitar contaxios polo COVID-19.
A cidadanía pode consultar no botón COVID-19 da páxina web do Concello toda a información completa ou premer directamente nesta ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/05/A-OMIC-informa-seguros-de-decesos-dereitos.pdf