A Oficina do Consumidor informa: Aviso aos consumidores con bono social eléctrico, por intento de fraude con falsos correos.

Aviso a os consumidores con bono social eléctrico, por intento de fraude con falsos correos.

Vense de detectar unha práctica fraudulenta que ten como vítimas aos beneficiarios/as do bono social.

Mediante un correo electrónico solicitan que se envíen uns datos e piden unha cantidade de cartos para verificar se cumpren os requisitos como beneficiario do bono social e se lle promete o envío dun cheque de 500€ pola bonificación.

A OMIC informa aos consumidores que o desconto do bono social non se realiza con pagos en efectivos, senon cun desconto na factura.

Que os beneficiarios do bono social, tamén o son do bono social térmico.

Que esta bonificación si consiste nunha cantidade en metálico para pago de gastos de auga quente, calefacción… a cantidade está regulada por normativa e nunca ascendería a 500€.

Dita contía está regulada pola vulnerabilidade e pola zona, como mínimo 25€ ano e como máximo 113€.

O pago do bono social térmico realízase unha soa vez ao ano.

Polo que se aconsella que se alguén recibe un correo destas características non facilite datos e denuncie o acontecido ante a Brigada de Delitos Informáticos da Garda Civil ou da Policía Nacional.

A Responsable da OMIC

Concello de Ponteareas.