A Oficina do Consumidor facilita as últimas medidas adoptadas polo Estado relacionadas cos consumidores

Subministro de enerxía, bonos sociais da luz, devolución de compras ou renovación do DNI son algunhas das cuestións das que informan

A tenenta de alcalde Cristina Fernández, responsable da Oficina do Consumidor do Concello de Ponteareas, traslada á veciñanza as principiais medidas que afectan aos consumidores e consumidoras.

Mediante unha comunicación da OMIC colgada na páxina web do Concello de Ponteareas, http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Informaci%C3%B3n-da-OMIC-do-Concello-de-Ponteareas-%C3%A1-cidadan%C3%ADa.pdf , infórmase das medidas que foron adoptadas polo goberno de España o pasado 18 de marzo relacionadas coas e cos consumidores en canto ao subministro de enerxía eléctrica, gas natural e auga aclarando que os subministradores non poderán suspender o subministro aos consumidores considerados vulnerables, vulnerables severos ou en risco de exclusión social.

Na súa comunicación tamén adiantan que se prorrogou ata o 15 de setembro de 2020 a vixencia do Bono Social de Electricidade e recoméndase que se realice a súa renovación na primeira metade do mes de agosto 2020.

Entre as cuestións que trasladan á veciñanza está que durante o estado de alarma ou as súas prorrogas, interrómpese o prazo para a devolución dos produtos mercados en tendas ou online.

Ademais, informan á veciñanza de que se prorroga por un ano máis a vixencia do DNI.

Máis información no enlace web http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Informaci%C3%B3n-da-OMIC-do-Concello-de-Ponteareas-%C3%A1-cidadan%C3%ADa.pdf