A oficina de voluntariado convoca unha xornada de limpeza do río Uma

A oficina municipal de voluntariado Voltea, dependente da concellería de Bienestar Social que dirixe Verónica Carrera, convoca a toda a veciñanza a unha xornada de limpeza do río Uma este sábado día 10. 

O punto e hora de encontro será a ponte do Cabalón, Angoares, ás 16 horas. Voltea aconsella levar botas, luvas e moitas ganas de axudar.

Todos e todas os que desexen obter maior información e confirmar asistencia deben chamar ao número de teléfono 687 764 516.