A obra de María Moreno súbese ao escenario do auditorio municipal

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a veciñanza a asistir este domingo ao teatro no auditorio municipal. 

Patrocinada pola Deputación de Pontevedra, “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos” supón unha homenaxe á obra da escritora María Moreno e subirá ao escenario do auditorio municipal ás 18 horas. 

A entrada é de balde ata completar aforo.