A mocidade xa pode inscribirse no curso básico de primeiros auxilios

A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó informa que está aberto o prazo para inscribirse no curso básico de primeiros auxilios que se impartirá de balde na sala multiusos do auditorio municipal.

Os e as interesadas deberán inscribirse na biblioteca municipal para poder participar neste curso que impartirá Cruz Vermella dentro da programación de Mocidade Viva.

Este curso está dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos e terá lugar o venres día 5 de xullo, o luns 8, o martes 9 e o mércores 10 en horario de 9 a 14 horas.

Vinte horas teórica prácticas que capacitarán ao alumnado para intervir correctamente nunha situación de urxencia.

Autoprotección, reanimación, traumatismos, aspectos xerais do socorrismo e tratamento de feridas e contusións, entre outros aspectos que se estudarán neste curso básico de primeiros auxilios.