A mocidade de Ponteareas faise cos espazos urbanos con Rú-ARTE

A Tenente de Alcalde, Chus Garrote, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, asistiron en representación do goberno de Ponteareas á xornada RúARTE-Pintando Alternativas que tivo lugar no IES do Barral.

A presidenta da Deputación Carmela Silva estivo nesta primeira xornada na que participa o IES do Barral e que tamén se desenvolverá noutros centros da provincia: ES Pazo da Mercé (As Neves), IES de Barro (Barro), IES María Soliño (Cangas), CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis), IES Chano Piñeiro (Forcarei), IES Auga da Laxe (Gondomar), IES Laxeiro (Lalín), IES de Meaño (Meaño) e IES Ribeira do Louro (O Porriño).

Esta nova edición, dirixida a estudantes de secundaria consiste no desenvolvemento conxunto dun proxecto que combina formación en valores e unha actividade urbana participativa. 

Entre os obxectivos que persegue está afondar na formación cívica das persoas participantes a través de valores como a cooperación, o traballo en equipo, a pluralidade, o coidado do medio. Tamén achega a arte urbana e recoñécea como ferramenta social de cohesión comunitaria e mellor do espazo. 

RúARTE contribúe ao proceso de reapropiación do espazo público por medio da intervención artística.