A maxia do Mago Teto embruxará o parque da Feira Vella de Ponteareas o xoves ás 21.00 horas

O ilusionista, un dos máis veteranos de Galicia, presentará os seus trucos dentro do programa das Festas de Setembro do Concello

 

A maxia do Mago Teto embruxará o parque da Feira Vella de Ponteareas o xoves ás 21.00 horas. O ilusionista, un dos máis veteranos de Galicia, presentará os seus trucos dentro do programa das Festas de Setembro do Concello. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, destaca que o espectáculo máxico “vai deixar máis dunha boca aberta”, e lembra á veciñanza que a entrada é de balde ata completar aforo. 

 

O Mago Teto debutou no Día das Letras Galegas de 1992, aquel 17 de maio subiu ao escenario do seu instituto de Viana do Bolo para sorprender aos seus compañeiros e compañeiras. Era novo, pero xa sabía que a maxia era o seu. Catro anos despois, chegaba o seu despegue profesional co seu primeiro espectáculo e ,agora, xa é un dos ilusionistas máis veteranos e relevantes de Galicia. 

 

O espectáculo de maxia é unha mostra máis da aposta do Concello de Ponteareas por un programa das Festas de Setembro “extensivo e para todos os públicos”. “Planificamos case trinta espectáculos co obxectivo de satisfacer os intereses de cada veciño e veciña”, subliña a alcaldesa.