A literatura enche cada recuncho de Ponteareas

A concellería de Cultura, que dirixe Fernado Groba, procedeu ao sorteo de 24 lotes de libros entre as casas culturais de tódalas parroquias. A biblioteca pública municipal fai posible así que estes libros viaxen a cada recuncho do concello e brindando a oportunidade a toda a veciñanza de desfrutar dun fondo de libros cos que entreter o seu tempo de lecer e acceder á cultura e á lectura.

Nas vindeiras semanas a biblioteca volverá realizar novos sorteos que permitirán achegar os distintos xéneros literarios aos e ás usuarias dos centros e casas culturais e veciñais.