A IV Travesía a Nado congregou a preto de 200 nadadores e nadadoras

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, felicita ao Club Natación Ponteareas polo éxito de participación acadado na IV travesía a nado chegando a preto de douscentos nadadores e nadadoras que ofreceron espectáculo deportivo nas augas do Tea na contorna da praia da Freixa.

Na proba raíña gañou o nadador do Club Natación Liceo Gaspar Andrade que foi membro do equipo nacional de Augas Abertas.

Aroa Silva foi a gañadora da proba feminina do club de natación Santa Olaya, Xixón, que participou no europeo de augas aberta na República Checa.

Os primeiros nadadores e nadadoras locais foron Pablo Cabana cun cuarto puesto e Andrea Domínguez cun segundo posto na proba feminina.

A proba de remudas, que é única no circuito galego de augas abertas, foi un éxito.

O club xa traballa na vindeira edición que seguramente será o 23 de agosto de 2020 e na que se barallarán como novidades unha categoría máster na modalidade remudas e a introducción dunha proba inclusiva da que o Club xa dará noticias a principios do ano que ven.