A hostalaría celebra unha fin de semana gluten “free”

A tenente de alcalde e concelleira de Eventos, Cristina Fernández, asistíu onte á presentación das Xornadas sen Gluten que terán lugar esta fin de semana organizadas por BANASTRA Centro Comercial Aberto co apoio da Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA).

Dende o venres día 13 ata o domingo día 15 haberá unha ruta de pinchos e tapas nos locais de hostalaría do centro da vila que queren amosar así o apoio a todos os celíacos. A hostalería ponteareá achégase así a cidadanía para que saiban que calquera persoa pode desfrutar dun menú variado e de calidade independentemente da intolerancia alimentaria que teña.

Unha hostalaría cercana e para todos os públicos cunha carta ampla que se adapta a calquera bolsillo e paladar.

Na fin de semana sen gluten tamén haberá taller de chapas na Praza Maior o venres ás 18:30, a visita de Mickey Mouse e Bob Esponja que percorrerán as rúas do centro urbano e unha festa da espuma na praza Maior a partir das 20:30 horas.

O sábado día 14 ábrese a feira exposición e venda de produtos sen gluten na rúa Esperanza de 10 a 14 horas. Tamén pola mañá de 11 a 13 horas terá lugar o obradoiro de cociña sen gluten para nenos/as de entre 5 e 12 anos na praza de abastos. O Mago Fran actuará na Praza Maior ás 19 horas para logo percorrer os locais colaboradores.

O domingo día 15 as xornadas sen gluten ofrecerán un obradoiro de cociña para toda a familia na praza Maior ás 18 horas no que que poderán aprender a coñecer e traballar con diferentes tipos de fariñas.

A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, destaca a importancia de apoiar ao comercio e hostalería local porque son importantes dinamizadores económicos. “A nosa hostalaría ten moito que ofrecer por iso é importante que todos os públicos saiban que en Ponteareas pode atopar un menú axeitado as súas necesidades e para todos os tipos de comensais”.

Para premiar aos participantes, BANASTRA sorteará unha fin de semana de turismo rural.

Estas xornadas sen gluten vai máis aló da gastronomía e pretenden ofrecer información que axude non só ao coñecemento se non tamén á integración.