A homenaxe a Castelao focaliza unha fin de semana de intensa actividade cultural

A concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, organiza unha fin de semana con varias citas ineludibles. A primeira delas repartirase ao longo dos días xoves 28, venres 29 e sábado 30 e terá como principal cometido render unha homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, especialmente na súa faceta de autor vinculado ao eido das artes plásticas.

cartel-homenaxe-castelaoO 28 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, terá lugar un obradoiro infantil e xuvenil sobre humor gráfico na Biblioteca Municipal de Ponteareas, impartido polo contrastado ilustrador Luis Davila, tamén coñecido baixo o pseudónimo O Bichero. O famoso debuxante explicará aos máis cativos as nocións básicas deste oficio; explicacións que acompañará de algún exemplo gráfico.

De igual modo, o venres 29 de xaneiro a partir das 20:00 horas, o propio Davila ofrecerá unha conferencia titulada “O humor gráfico na prensa galega” na sala de usos múltiples do Auditorio Municipal, dirixida neste caso a un público máis adulto. A demostración estará presentada polo escritor Miguel Ángel Novoa Iglesias, gran coñecedor da obra do caricaturista ponteareán Ignacio Vidales Tomé.

Xa o sábado, 30 de xaneiro, dende as 17:30 horas, terá lugar un encontro aberto a calquera persoa que desexe participar e no que se levarán a cabo diferentes lecturas da obra de Castelao, permitindo repasar tamén o seu labor como escritor. O Parque da Perillana é o lugar escollido para lembrar parte da obra literaria do afamado autor galego e para gozar, asemade, da actuación musical de Hugo Guezeta e Álex Arnoso.

Todas as actividades de homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao son gratuítas.

 

 

 

cartel la dama de grisLa Dama de Gris

O mesmo sábado 30 de xaneiro, a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal, terá lugar un concerto do dúo musical ourensán “La Dama de Gris”. Belén Monís é a encargada de poñer a voz e José Carlos González o pianista. La Dama de Gris é tamén unha canción, o fío condutor e obra de referencia nos espectáculos do grupo que ofrece unha actuación que abrangue diferentes xéneros musicais.

 

 

 

 

 

 

 

 

IMG-20160125-WA0001Pradolongo

Tamén no Auditorio Reveriano Soutullo será posible asistir á proxección da película “Pradolongo”, unha historia de tres amigos que ven como a súa amizade muda os seus códigos habituais no verán no que acaban de cumprir a maioría de idade. Antes da proxección, que comezará ás 18:30 horas, o propio director, Ignacio Vilar (tamén director do filme A Esmorga), fará unha pequena introdución para todos os asistentes. Despois da mesma, haberá un coloquio moderado por Vilar no que se tratará a situación do cinema galego na actualidade.