A Freixa acolle o Campionato Galego de Augas Abertas

sdr

O Club Natación Ponteareas en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Ponteareas organiza este sábado día 26 o Campionato Galego de Augas Abertas no que participarán máis de douscentos nadadores de 27 clubes de toda Galicia.

As categorías segundo o ano de nacemento son: alevín, infantil, junior1, junior2, absoluto, senior e master, todas elas para masculino e feminino.

As distancias que percorrerán en función de cada categoría son: 1250m, 2500m. E 5000m. os júnior 1, Junior2 e absolutos nun circuito que comeza na praia fluvial da Freixa, remontando o río e chegando a unha boia que marca o punto de inflexión para volver río abaixo de novo ata o punto de partida.

A travesía a nado que se celebrará na praia da Freixa tamén amosará o seu lado solidario tendo unha proba especial ao remate do campionato para recadar fondos para a Asociación Contra o Cancro de Mama Pilar Domingo de Ponteareas. 

Benito Márquez, concelleiro de Deportes, agradece o bo traballo do Club Natación e deséxalles a todos os deportistas que desfruten dunha xornada deportiva agradable e satisfactoria.