A Feira dos Minerais chega a Guláns con obradoiros e conferencias

A II Feira dos Minerais chega a Guláns, Ponteareas os vindeiros 4,5 e 6 de maio en colaboración coa concellería de Ensino que dirixe a nacionalista Cristina Fernández.

Minerais, fósiles e xoiería son algúns dos materiais que poderán observar e mercar os participantes na Feira dos Minerais que estará aberta de 10:00 horas a 21:00 horas no centro cultural de Guláns totalmente de balde.

Ao longo destes tres dias haberá obradoiros a diario como o de bateo de ouro e o de xoiería impartido pola Escola de Xoiería Atlántico ou o de identificación de minerais o venres; tamén ofrecerán a charla  sobre a explotación do ouro no río Miño impartida por María Modino directora de caldiade de Áridos do Mendo. A concellería de Ensino programou para o día de hoxe a visita do alumnado dos centros educativos que se trasladarán en autobús á feira. 

A organización agradece a colaboración da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxia da Universidade de Vigo e convida a toda a veciñanza a participar nas distintas propostas.

A concelleira de Ensino e Participación Cidadá, a nacionalista Cristina Fernández, anima a toda a veciñanza e familias a visitar a feira na que poden participar todos os públicos ao ofrecer tanto actividades didácticas como lúdicas. 

Ofrecer variedade formativa e que a cidadanía e, sobre todo a mocidade, poida descubrir sectores diferentes e temáticas científicas sorprendentes é un dos obxectivos desta concellería que aposta pola participación en cada unha das actividades programadas.