A Feira de Oportunidades na rúa celebrarase este sábado, día 8, en Ponteareas

Asoc. Tea e o concelleiro de Comercio Mario LagoA Asociación de Comerciantes Tea, en colaboración do Concello de Ponteareas, celebrará unha feira de oportunidades este sábado, día 8 de agosto, nas rúas de Oriente, da Esperana e na Praza de Bugallal durante todo o día, no que haberá grandes descontos e un total de 40 postos, de roupa, complementos, beleza, floristería ou deportes, entre outros.

Ademais, os visitantes poderán degustar o sushi, elaborado polo restaurante Punto & Textura e probar exquisitos cócteles a cargo do Classicbar. A partir das 19:00 horas, as familias serán obxecto das actividades programadas por Ponteocio para divertir aos pais e aos fillos.