A familia de Fermín Bouza Brey doa ao Museo municipal mobles do ilustre historiador e escritor ponteareán

A familia de Fermín Bouza Brey doa ao Museo municipal mobles do ilustre historiador e escritor ponteareán

Unha mesa de despacho, un armario e catro cadeiras de gran valor histórico súmase ao material cedido xa pola viúva ao Concello hai uns anos

O Museo municipal de Ponteareas amplía a súa colección de obxectos pertencentes a Fermín Bouza Brey. As e os herdeiros do ilustre historiador, etnógrafo e escritor ponteareán vén de doar ao Concello de Ponteareas diversos mobles que pertenceron ao intelectual.

Trátase dunha mesa de despacho, dun armario e de catro cadeiras de gran valor histórico que xa están no museo municipal para que poidan ser observados por todas as persoas interesadas na vida e obra de Bouza Brey.

Estes obxectos súmanse así á doazón feita pola viúva do escritor hai xa uns anos ao Concello, ao que cedeu diverso material que na actualidade figura nunha vitrina dedicada especificamente a Bouza Brey, que naceu na Praza Maior de Ponteareas no ano 1931 e ao que no ano 1992 se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quere agradecer en nome do Concello “a xenerosidade da familia de Fermín Bouza Brey, que con esta nova doazón permite aumentar o espazo dedicado ao escritor no noso museo municipal”.