A falta de revisión da rede de saneamento por parte do anterior executivo provoca vertidos en varias rúas e edificios

No IES Pedra da Auga retiráronse 63 metros cúbicos de augas fecais acumuladas nos arredores deste centro de ensino

vertido-ies-pedra-auga-6O IES Pedra da Auga, no Concello de Ponteareas, deu aviso o pasado 15 de outubro, da existencia dunha vertedura de augas procedente dunha das redes de saneamento situadas nos arredores deste centro de ensino. A auga, que chegou a penetrar na pista deportiva deste instituto, chegou á superficie debido a un atranco formado nalgúns colectores e que ten como único motivo a falta de mantemento por parte do anterior goberno local, pois segundo os responsables da empresa que realizou a limpeza, “o estado no que atopamos esta instalación amosa que esta leva sen revisarse durante moitos anos”.

Os traballadores da empresa FCC víronse obrigados a retirar un total de 63 metros cúbicos de augas residuais que encheron un total de 9 cisternas, ademais de limpar unha parte da rede de colectores instalada no entorno do centro educativo.

Os traballos de limpeza, igual que noutra ducias de lugares e rúas do núcleo urbano (Castelao, Braña, Galicia, Amado Garra, Bouza Brey ou G. Bugallal, entre outras), puxeron de manifesto o mal estado de toda a rede de saneamento, o cal foi comprobado persoalmente polo alcalde, Xosé Represas, e polo enxeñeiro municipal. O goberno local “realizará unha completa revisión da rede de saneamento para executar as obras de mantemento necesarias coa finalidade de acabar co desastre no que o anterior goberno do PP deixou o saneamento con tuberías rotas e encharcamentos de augas fecais baixo algunhas rúas”, afirmou Represas.vertido-ies-pedra-auga-2

O rexedor ponteareán criticou “a desidia do anterior goberno municipal á hora de revisar o mantemento da instalación e da propia zona do entorno do IES pois a vexetación chegou a ocultar por completo algunhas arquetas da mesma, as cales quedaron ao descuberto grazas aos traballos de limpeza da zona”. Varias destas arquetas carecían, ademais, da cuberta correspondente, sendo algunhas delas atopadas polo equipo de limpeza con cachos de madeira cubrindo os respectivos pozos.

Represas asegurou que o Concello “continuará coa limpeza dos arredores deste instituto para asegurar que este centro educativo non se vexa afectado e, asemade, para coñecer até que punto chega unha desfeita máis que amosa o desastre de xestión do pasado goberno do PP en Ponteareas”.