A escola de fútbol da Deputación abre o prazo de inscrición en Ponteareas

Súmase ás escolas de judo e de balonmán que xa se puxeron en marcha no inicio do mes de outubro

escolas-deportivas-deputacionA concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, vén de comunicar a posta en marcha dunha escola de fútbol dentro das actividades deportivas organizadas pola Deputación de Pontevedra.

Esta escola terá lugar no campo de herba artificial do Estadio Municipal de Pardellas todos os mércores de 16:00 a 17:30 horas. Todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 14 anos interesados en participar poden informarse no departamento de Deportes do Concello de Ponteareas ou cumprimentar a ficha que aparece nesta ligazón e para presentala posteriormente no rexistro municipal.

Ao igual que xa aconteceu coas escolas de judo e balonmán, a de fútbol non terá límite de prazas. A primeira sesión será o vindeiro mércores, 21 de outubro.