A economía de Ponteareas preparada para invertir

O goberno local leva ao pleno de hoxe martes a aprobación de diferentes solicitudes de financiación ao Fondo de Cooperación Local da Xunta para os proxectos de rehabilitación e mellora enerxética do edificio do conservatorio, da biblioteca e da escola infantil e tamén para os proxectos de adquisición do inmoble na parroquia de Pías para a conversión en casa cultural e para a adquisición do segundo e terceiro andar do edificio da Seguridade Social na Praza Maior. O importe total de financiaciónque solicitará será  en total de 597.379,12€.

Grazas á situación actual da economía do concello de Ponteareas que nestes tres anos conseguíu saldar débedas atrasadas de case dez millóns de euros pechando a liquidacion de 2017 cun remanente positivo e con tan so un nivel do 4% de endebedamente frente ao 110% que permite a lexislación, Ponteareas pode hoxe comezar a investir na adquisición de patrimonio e infraestruturas para ofrecer máis servizos á veciñanza e dar resposta ás necesidades de crecemento da poboación. 

O goberno de Ponteareas traballa en colaboración coas distintas administracións na construción dun futuro no que os e as cidadáns atopen na súa vila todo o preciso para desenvolverse como persoas e como profesionais. 

Segundo a previsión, Ponteareas abonará este préstamos en oito anos con cómodas aportacións totais de 74.672€ ao ano entre os cinco proxectos, Ponteareas manterá nos mínimo a súa porcentaxe de endebedamente ao supor este préstamos tan só o 0,54% do orzamento anual de 13.777.000€.

“A nosa situación de solvencia económica permítenos ser interesantes frente ás entidades bancarias, ter a confianza das adminstracións e beneficiarnos de préstamos sen intereses e de axudas para a mellora do día a día dos cidadáns”, explica o Alcalde que marca como referencia e exemplo a licitación que o anterior goberno realizara entre as entidades locais que quedou deserto ao non presentarse ningunha entidade.