A doutora Thais Pousada conversará coa mocidade sobre a investigación como posible saída laboral

A concellerìa de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, e a concellería de Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, convidan a toda a mocidade a tomar un café coa doutora Thais Pousada para conversar da investigación como saída laboral. Este encontro informal, no que a profesora e investigadora ponteareá falará cos e coas participantes do apaixoante mundo da investigación en todos os sectores, terá lugar hoxe luns ás 18:30 horas no Teatrovar.

O obxectivo destas reunións é manter unha conversa fluída con profesionais que trasladen á mocidade a ampla posibilidade de saídas laborais, a formación á que poden acceder e así obter toda a información precisa para encaminar o seu futuro.