A directora Xiana do Teixeiro visitará Arcos co seu filme “Tódalas mulleres que coñezo”

Reproduce o trailer aquí: https://vimeo.com/259662483

Será mañá día 15 ás 19:30 horas na casa cultural de Arcos

A concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Verónica Carrera convida a toda a cidadanía a participar das actividades organizadas con motivo do vindeiro día 25 Día Internacional contra Violencia de Xénero.

Mañá día 15 de novembro ás 19:30 horas na casa cultural de Arcos proxectarase “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana do Teixeiro. O filme tamén viaxará ao centro cultural de Xinzo o 22 de novembro.

Nina Simone responde a un entrevistador que lle pregunta “¿que significa ser libre?”. A artista dalle un par de voltas á pregunta e conclúe “non ter medo”. Así comeza “Tódolas mulleres que coñezo”, un entrante que nos deixa cun sentimento ácido e que aveciña o conxunto de relatos que se nos vai amosar: distintas mulleres, de diversas idades, falando de como a violencia machista da rúa forma parte do seu día a día…

Xiana do Teixeiro
Realizadora e artista visual. Co-fundadora da productora Walkie Talkie Films (2008), especializada en cine documental de autor e vídeo experimental. É doutora en Comunicación Audiovisual (UAB), licenciada en Comunicación Audiovisual (UAB) e Xornalismo (Southampton S.U.). Creadora e produtora musical (Ta!, The Adaptation Dance). Traballa sobre o relato íntimo, a identidade e a construción do xénero.

https://vimeo.com/259662483

A proxección enmárcase dentro da programación deseñada pola concellería coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) para este mes de novembro.

A próxima cita será o luns día 18 de novembro ás 19:00 horas con Baia Fernández que ofrecerá unha charla para nais e pais organizada pola FANPO na sala multiúsos do auditorio municipal. Baia Fernández falara de como formar a autoestima e como conservala.